Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta amplía un mes as medidas preventivas fronte á dermatose nodular

A Xunta amplía un mes as medidas preventivas fronte á dermatose nodular

Están permitidas as feiras, certames, poxas, mercados e concentracións de gando bovino só con asistencia de animais procedentes de explotacións galegas

Mantense tamén a vixilancia veterinaria de 21 días para animais de fóra de Galicia

TVG
G24.gal 27/02/2026 08:30

A Consellería do Medio Rural publica este venres, 27 de febreiro, no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha resolución pola que prorroga un mes máis as medidas de prevención fronte á enfermidade da dermatose nodular contaxiosa que afecta o gando bovino, polo que estará en vigor entre o 2 e o 31 de marzo.

De tal forma, continúan permitidas as feiras, certames, poxas, mercados e concentracións de gando bovino, aínda que só con asistencia de animais procedentes de explotacións galegas. E mantense tamén a vixilancia veterinaria de 21 días para animais de fóra de Galicia.

A Xunta destaca que a análise do risco sanitario existente aconsella manter por agora as medidas cautelares establecidas na comunidade autónoma.

O Goberno galego reitera a mensaxe de tranquilidade ao sector e á cidadanía en xeral, xa que non existe constancia de ningún caso desta enfermidade en Galicia e tampouco se transmite ás persoas.

Medio Rural volve reclamar ao Ministerio de Agricultura máis coordinación e que lidere, no marco da UE, unha vacina que poida usarse de maneira preventiva, e tamén que se cambie a categoría da enfermidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade