Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hidalgo pide un cambio de enerxía: "Nunca me pasara un ambiente pesimista cunha situación tan boa"

Hidalgo pide un cambio de enerxía: "Nunca me pasara un ambiente pesimista cunha situación tan boa"

O adestrador confirmou unha lesión muscular de Yeremay, que perderá o partido de Zubieta por lesión

G24.gal 27/02/2026 10:15

O partido diante da Real Sociedade B será un exame para o Deportivo. Verémolo este domingo ás 14:00 horas na Televisión de Galicia. Chega despois da vitoria pola mínima diante do Éibar que non deixou boas sensacións na afección deportivista.

"Nunca me pasara como xogador ou adestrador que cunha vitoria e estando cuartos na clasificación ter un ambiente tan pesimista". 

"Non pode ser, estamos a falta de quince xornadas nunha posición moi boa e cumprindo o obxectivo amplamente", asegurou o adestrador catalán do Deportivo.

"É A Coruña, é Riazor. Xa o sabiamos cando viñemos e pouco a pouco ímonos acostumando", confesou na conferencia de prensa previa ao partido pero entende que a enerxía que veña do público ten que axudar máis os futbolistas. 

Tamén se referiu á situación de Yeremay que se perderá por sanción o primeiro partido do campionato. Hidalgo recoñeceu que o canario ten unha doenza muscular no adutor e que os días de descanso lle van a vir moi ben. Sobre posibles substitutos a opción máis probable é a presenza de Luismi Cruz no equipo titular pero o adestrador non quixo dar pistas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade