Cargando resultados...
Un mes despois da súa desaparición, seguen sen pistas de Jorge Joel Fernández
Os pais do mozo de 22 anos, desaparecido en Vigo, piden a colaboración cidadá
G24.gal
02/03/2022 15:03
Un mes despois da súa desaparición en Vigo, seguimos sen pistas fiables sobre o paradoiro do mozo Jorge Joel Fernández, de 22 anos.
A familia segue sen saber del dende que o pasado 29 de xaneiro saíu da súa casa sen despedirse dos seus pais e irmán.Tan só a unha coñecida do seu círculo pareceulle ver a Jorge Joel este venres pasado na zona do paseo Afonso XII. Polo de agora, non se puido confirmar esta información.
"Se ven o meu fillo, avisen, porque nós xa non podemos seguir vivindo así", pide Jorge Fernández, pai do mozo desaparecido. A familia está desesperada por saber do fillo e piden a colaboración cidadá que achegue algún dato do seu paradoiro.