Publicador de contidos

Publicador de contidos

Piden colaboración cidadá para atopar o desaparecido de Taboadela

Piden colaboración cidadá para atopar o desaparecido de Taboadela

As forzas de seguridade difunden a imaxe do coche en que marchou para relanzar a busca

O home, de 73 anos, está desaparecido desde o 5 de maio

Imaxe do vehículo en que desapareceu Juan Mas Imaxe do vehículo en que desapareceu Juan Mas
G24.gal 30/05/2025 15:40

As fozas de seguridade chaman á colaboración cidadá para relanzar a busca dun desaparecido do concello ourensán en Taboadela.  

Trátase de Juan Mas Mercadé, de 73 anos, do que non se sabe nada desde comezos deste mes de maio. Agora difunden unha imaxe do coche co que marchou, un Toyota Avensis Negro. Se alguén identifica o vehículo, pode comunicalo á Garda Civil ou á Policía Nacional.

O home mide 1,73 metros, ten complexión normal, pelo negro, ollos castaños e barba. Foi visto por última vez no municipio de Taboadela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade