Publicador de contidos

Publicador de contidos

Interceptan en Caldas un condutor circulando a 191 quilómetros por hora nun tramo limitado a 70

Interceptan en Caldas un condutor circulando a 191 quilómetros por hora nun tramo limitado a 70

O condutor, de 30 anos e veciño da localidade, podería enfrontarse a unha pena de prisión de ata 6 meses, multa ou traballos en beneficio da comunidade 

Control de velocidade na N-550 en Caldas/Guardia Civil Control de velocidade na N-550 en Caldas/Guardia Civil
G24.gal 16/07/2025 17:26

 

A Garda Civil investiga o condutor dun vehículo de alta gama que foi interceptado en Caldas de Reis (Pontevedra) circulando a 191 quilómetros por hora nun tramo limitado a 70.

Foi o pasado 14 de xullo na estrada N-550, que detectou o infractor mediante un radar do destacamento de Tráfico.

O condutor, que ten 30 anos e é veciño de Caldas, circulaba entre Carracedo e o núcleo urbano de Caldas cando foi identificado por unha patrulla, ao superar en máis de 80 km/h a velocidade máxima para esa vía.

Os axentes notificáronlle a súa condición de investigado por un delito contra a seguridade viaria.

As penas ás que se podería enfrontar correspóndense con seis meses de prisión, multa de ata doce meses e noventa días de traballos en beneficio da comunidade. En todo caso, perderá o seu permiso de conducir por un período de entre un e catro anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade