Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un incendio, posiblemente intencionado, queima un coche en Redondela

Un incendio, posiblemente intencionado, queima un coche en Redondela

No lugar do incendio apareceron varias pastillas de acender o lume e as chaves do coche tiradas na estrada

G24.gal 29/04/2024 13:44

As explosións provocadas polo incendio que devorou este vehículo foi o que alertou os veciños e veciñas desta rúa do Gaio, en Chapela, pasada a media noite.

"Nisto xa oín a miña cuñada e a meu irmán que se levantaban e preguntei que pasara. Dixéronme que nada que hai un coche que parece que explotou e xa vimos o coche ardendo coas portas abertas. Segundo nos dixo un veciño de aquí, sentiron que un coche saíu a toda velocidade e xa viron o coche e achegáronse para ver se había alguén dentro".

Os veciños e veciñas, tras constatar que non había persoas no interior, chamaron o 112. Ata o lugar desprazáronse os bombeiros do Porriño, que conseguiron extinguir un incendio que afectou varios colectores de lixo e ameazou con propagarse ata unha zona arborada que estaba a carón do coche. Roberto Domínguez, bombeiro do Porriño.

"Cando nós chegamos o coche estaba completamente envolto en lapas e tamén había propagación ao lixo que había nos colectores e tamén estaba ascendendo por unha parede con silveiras que ían cara a un pequeno parque forestal".

Un incendio con indicios de que puido ser intencionado. A carón do coche apareceron unhas pastillas que se utilizan para acender o lume das grellas e as propias chaves do vehículo apareceron tiradas no camiño.

"É un punto que están investigando a Policía Nacional e Local xa que hai varios indicios de que o lume puido ser provocado".

Ata o lugar achegouse este luns unha dotación da Policía Científica para examinar o coche, un Opel Zafira, que podería pertencer a unha veciña de Vigo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar