Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un ladrón rouba nun restaurante da Coruña e volve tentalo dez días despois

Un ladrón rouba nun restaurante da Coruña e volve tentalo dez días despois

A primeira vez levou cartos da caixa rexistradora pero no segundo intento marchou coas mans baleiras

G24.gal 11/01/2026 08:13 Última actualización 11/01/2026 09:12

Nas últimas horas as redes sociais fixeron viral o roubo que sufriu hai unhas semanas un restaurante de comida asiática da Coruña. As imaxes dunha das cámaras de vixilancia do local mostran o sinxelo que lle resultou ao delincuente facerse cos cartos da caixa. 

Sucedeu xusto ao finalizar unha das quendas, mentres os empregados do restaurante comían ao fondo do local. O ladrón atopou o enreixado a medio subir, a porta aberta e a recepción desantentida.

Tardou vinte segundos en decatarse de tamén que tiña acceso libre á caixa rexistradora e dez segundos máis en marchar sen excesiva présa con parte dos ingresos da xornada.

"O home entrou e viu que estabamos comendo. Tiñamos a chave posta na caixa porque non agardabamos que puidese pasar algo así e colleu os cartos que había na caixa. Deixou os billetes de cinco e de dez para o cambio, pero levou todos os billetes grandes", explica Xiao Xiao Ni, xerente de Komo Sushi.

Unha semana e media despois, o ladrón volveu ao mesmo escenario, pero as circunstancias xa eran outras porque o restaurante reforzora a seguridade.

Un traballador sorprendeuno cunha das tablets dos pedidos na man. Desta volta quedou sen botín. Xiao decidiu contar a experiencia nas redes socais para que ninguén peque, como fixo ela, de exceso de confianza.

"Para que a xente non faga o que fixen eu: deixar a caixa aberta e a porta de par en par. E tamén para que a xente o coñeza porque me dixo a policia que tamén roubara noutros comercios da zona", di.

Roubos de pouca contía que non obstante causan inseguridade no comercio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade