Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un investigado e 10 identificados polos disturbios do luns en Cangas

Un investigado e 10 identificados polos disturbios do luns en Cangas

O home investigado lanzou unha pedra contra o coche da alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, segundo informa o subdelegado do Goberno

G24.gal 15/10/2025 12:00

A Garda Civil investiga un veciño de Cangas do Morrazo e identificou outros dez, contra os que vai formular denuncia, por mor dos incidentes que se produciron o luns nesta localidade durante a xunta de goberno da mancomunidade do Morrazo para aprobar unha subida da taxa de lixo.

“A Garda Civil traballa para identificar, investigar e denunciar as persoas que cometesen feitos violentos e eventualmente constitutivos de supostos delitos”, dixo este mércores o subdelegado do Goberno na provincia, Abel Losada.

O instituto armado cre que o home investigado lanzou unha pedra contra o coche da alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, que viaxaba con outras dúas persoas.

O luns, un milleiro de veciños concentráronse ás portas da casa do concello, á que se lles negou o acceso, e lanzáronse pedras e tamén contedores, o que obrigou á Policía Local e á Garda Civil a intervir e mesmo a escoltar aos participantes no pleno á súa saída da xunta.

“Quero dicir moi claramente que non hai áreas de impunidade e que a investigación chegará, a través das probas que se están solicitando, ata onde teña que chegar. Revoltas violentas como as producidas en Cangas non son tolerables nun estado de dereito, onde existen canles normalizadas de protesta e expresión da vontade popular máis aló da algarada rueira”, continuou dicindo Losada. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade