Mais de cen mozos e oito policías mortos nos disturbios en Irán
O goberno iraniano advirte aos Estados Unidos e Israel que está preparado para responder calquera agresión
As oenegués que traballan sobre Irán aseguran que xa son máis de cen os mozos mortos a consecuencia da represión exercida polo réxime dos aiatolás. O país segue sen internet e sen telefonía movil internacional.
O goberno iraniano cualifica de terroristas os manifestantes, e a axencia oficial di que nos enfrontamentos desta semana morreron oito policías. O réxime admite que detiveron máis de duascentas persoas nas últimas horas.
Os disturbios son especialmente fortes en Teherán desde hai dúas semanas. As oenegués din que nos hospitais están entrando moitos mozos feridos ou mortos a consecuencia dos disparos, polo que as vítimas mortais poden ser case duascentas.
Sen internet nin telefonía internacional
Irán segue sen internet e coa comunicación telefónica co exterior pechada.
As autoridades e o Exército de Irán acusan os Estados Unidos e Israel de estar detrás dos disturbios, e din que están en condicións de respostar a calquera ataque exterior.