O BNG pide en Bruxelas a descentralización de fondos e aumentar os destinados ao sector primario
Pontón reuniuse co comisario responsable de Fondos e Reformas, Raffaele Fitto
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, valorou positivamente a reunión co vicepresidente da Comisión Europea e comisario responsable de Fondos e Reformas, Raffaele Fitto.
Pontón demandou máis fondos destinados a agricultura e pesca, nun contexto de negociacións do marco financeiro plurianual para 2028-2034.
"Galicia xógase moito porque corremos o risco dun recorte drástico dos fondos que recibimos, nun contexto no que a Unión Europea está disposta a aumentar o gasto militar para obedecer aos Estados Unidos de Trump", advertiu Pontón.
Ana Pontón pediu non aumentar os fondos dedicados á defensa, avanzar en investimento social e de cohesión e camiñar cara á descentralización dos fondos.