Publicador de contidos

Publicador de contidos

España envía un avión do Exército para evacuar cidadáns españois de Oriente Próximo

España envía un avión do Exército para evacuar cidadáns españois de Oriente Próximo

 O ministro de Exteriores, José Manuel Albares, asegurou que están en marcha varias operacións para facilitar o seu regreso

G24.gal 04/03/2026 14:14 Última actualización 04/03/2026 15:03

O Goberno enviou un avión do Exército ao Golfo Pérsico para tentar evacuar cidadáns españois que se atopan atrapados na zona. O ministro de Exteriores, José Manuel Albares, asegurou que están en marcha varias operacións para facilitar o seu regreso.

"Está en marcha unha operación das máis dificiles e delicadas", contaba esta mañá o responsable de Exteriores.

Os primeiros españois evacuados dende Abu Dhabi chegaron onte pola noite. Uns de vacacións, outros traballando. Ou participando en competicións deportivas, como os equipos júniors do Real Madrid e do Valencia Basket. Todos se viron atrapados pola ofensiva bélica dos Estados Unidos en Irán.

Segundo Exteriores, na zona quedan uns 30.000 cidadáns españois. Algúns deles volverán nesas operacións que Albares dicía que están en marcha.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade