Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio queima dous vehículos e afecta o teito da antiga fábrica Massó de Cangas

Un incendio queima dous vehículos e afecta o teito da antiga fábrica Massó de Cangas

Foron varios particulares os que deron a voz de alarma

Segundo as primeiras investigacións, non se descarta que poida tratarse dun lume intencionado

G24.gal 15/04/2022 15:42

Incendio na antiga fábrica de conservas Massó. O lume provocou danos no teito e nun piso inferior do inmoble, actualmente abandonado. Tamén arderon dous vehículos que estaban abandonados dentro do local.

Foron varios particulares os que deron a voz de alarma. Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros do Morrazo, Protección Civil, Policía Local e Garda Civil. Segundo as primeiras investigacións, non se descarta que poida tratarse dun lume intencionado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade