Cargando resultados...
Extinguido o incendio que provocou a derruba do teito da conserveira Miramar, en Rianxo
Houbo un centenar de empregados evacuados, pero non houbo que lamentar danos persoais
G24.gal
06/08/2025 15:00
Última actualización 06/08/2025 16:35
Xa está extinguido o incendio que afectou a conserveira Miramar, no municipio coruñés de Rianxo. Os propietarios confían en que pronto poida volver á actividade.
As lapas obrigaron a evacuar un centenar de empregados, o que evitou danos persoais.
O incendio declarouse sobre as 13:30 e causou o colapso do teito da nave. Os bombeiros conseguiron controlar o lume pasadas as 14:45 horas.
No lugar interviñeron entre outros, os bombeiros de Boiro e Ribeira, a Policía Local, Protección Civil e a Garda Civil.
O concello de Boiro púxose a disposición dos propietarios da conserveira para que poidan poñela en marcha o antes posible e a xente poida volver ao seu traballo.