Dúas persoas feridas, unha delas con queimaduras, nun incendio nun piso en Ourense
A propietaria da vivenda foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense con diversas queimaduras
Un home tivo que recibir asistencia sanitaria por inhalación de fume
En Ourense unha muller precisou asistencia sanitaria esta mañá por un incendio na súa vivenda, a plaza de Plaza del Poeta Alfonso Alcaraz, no barrio de Vistafermosa.
O lume comezou na campá extractora e estendeuse aos mobles da cociña, segundo informou o 112, Emerxencias de Galicia. Por mor do incendio, un home tivo que recibir atención hospitalaria por inhalación de fume, metres que a propietaria da vivenda foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense con diversas queimaduras.
Foi un veciño quen deu a voz de alarma ás 9:40 horas. Na chamada explicou que a vivenda do segundo piso estaba ardendo e solicitaba asistencia sanitaria para unha persoa que estaba afectada polo fume.
Os bombeiros tardaron menos dunha hora en sufocar as lapas e non foi preciso evacuar os veciños, pero a dona da vivenda sufriu queimaduras nas mans ao intentar apagar o lume polos seus propios medios antes de que chegasen os bombeiros.
O piso quedou afectado polo fume.