Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha moza quedou ferida grave tras recibir un disparo na cara en Leganés 

Unha moza quedou ferida grave tras recibir un disparo na cara en Leganés 

O suceso tivo lugar nunha zona de lecer onde se celebraba unha festa de Halloween

G24.gal 01/11/2025 12:33

Unha moza de 21 anos foi ingresada en estado grave este sábado no Hospital Doce de Octubre de Madrid tras recibir un disparo na cara nunha popular zona de lecer situada no municipio madrileño de Leganés.

Emerxencias 112 recibiu unha chamada de aviso ás 6:55 horas para alertar deste suceso, ocorrido na Avenida Lengua Española, xunto a un espazo de festas onde se celebraba unha festa de Halloween.

Ao lugar tamén se desprazou a Policía Nacional, alertada polas testemuñas Os servizos de emerxencia atenderon alí mesmo á muller, que presentaba ferida por arma branca, con orificio de entrada no pómulo e de saída pola rexión auricular dereita.

Tras ser estabilizada, foi trasladada intubada ata o hospital Doce de Octubre, onde permanece ingresada en estado grave. A brigada provincial da policía científica e da policía xudicial fixéronse cargo das investigacións do suceso, do que polo momento non transcenderon máis detalles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade