Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tirotean un coche e secuestran o seu condutor en Madrid

Tirotean un coche e secuestran o seu condutor en Madrid

Este posible secuestro ocorreu ás 20:45 horas deste venres á altura do número 65 da rúa de Antonio López, no distrito de Carabanchel

Os veciños, alertados polos tiroteos, saíron ás fiestras e gravaron parte do secuestro

A Policía Nacional investiga se o secuestrado é Niño Juan

Á esquerda, a Policia Científica analiza o coche da vítima. Á dereita, momento do secuestro gravado polos veciños, alertados polo tiroteo.
G24.gal 01/11/2025 12:31 Última actualización 01/11/2025 18:02

Tres vehículos golpearon un coche nunha rúa de Carabanchel, tirotearon o vehículo e secuestraron o seu condutor. O suceso ocorreu este venres pola noite e que foi presenciado por numerosas testemuñas que alertaron a Policía Nacional, quen se fixo cargo da investigación do sucedido. Este posible secuestro ocorreu ás 20:45 horas á altura do número 65 da rúa de Antonio López

Ata a mañá deste sábado a Policía non recibira ningunha denuncia por desaparición relacionada co ocorrido.

A Policía Nacional investiga se o secuestrado é Niño Juan

A Policía sospeita que o secuestrada sexa un conocido delincuente, Niño Juan, con ducias de detencións previas. O seu nome real é Juan María Gordillo Plaza, ten 38 anos e é un dos delincuentes máis coñecidos e reincidentes de España.

Á banda de Juan María Gordillo, entre outros delitos, atribúenselle cincuenta asaltos a camións con mercadorías e roubos en naves de todo o territorio nacional, entre eles o dun cargamento de teléfonos móbiles valorado en máis de 1,3 millóns de euros en Torrexón de Ardoz, Madrid.

Os axentes traballan coa hipótese de que a orixe deste secuestro é algún axuste de contas con este delincuente, aínda que non descartan outros motivos.

A Policía Científica no lugar do secuestro, onte á noite, en Carabanchel

Así ocorreron os feitos, segundo os testemuños

Segundo se investiga, e relataron varios veciños e transeúntes, os tres coches de alta gama golpearon un vehículo, tiroteárono, sacaron o condutor e introducírono á forza nun dos coches para, despois, fuxir rapidamente do lugar.

A Policía Nacional traballa coa hipótese de que o coche golpeado só tiña un ocupante, o condutor, que sería o único secuestrado.

O vehículo do condutor atacado quedou abandonado en metade da calzada, sen ocupantes e con impacto de balas, segundo puideron comprobar os axentes á súa chegada.

Os feitos ocorreron nunha concorrida rúa do distrito de Carabanchel, situada xunto a Madrid Río e onde se sitúa un hotel.

Algúns veciños gravaron imaxes do choque e do secuestro, que servirán de punto e partida para que os axentes investiguen o sucedido e dá información sobre os vehículos implicados neste suceso.

A Brigada Policial de Policía Científica acudiu de forma inmediata a inspeccionar ocularmente o lugar e nestes momentos está ao cargo da investigación o Grupo 12, responsable de perseguir casos de secuestros.

Polo momento non transcendeu a identidade da vítima nin dos atacantes e non se practicaron detencións.

O guindastre retirou o vehículo tiroteado que quedara abandonado na vía pública.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade