Cargando resultados...
Investíganse as causas do incendio que calcinou unha vivenda no barrio coruñés de Visma
A vivenda afectada estaba abandonada, polo que só hai que lamentar danos materiais
G24.gal
03/11/2025 13:34
De madrugada as lapas romperon o silencio na rúa Eira Vella, no barrio coruñés de San Pedro de Visma. O incendio declarábase nunha vivenda abandonada e puxo en alerta os veciños.
Os bombeiros lograron controlar o lume sen vítimas, pero para os que viven nas casas lindeiras o susto foi importante porque din que as lapas estaban moi cerca. "A casa é de madeira, con moitas cousas dentro".
Denuncian que a casa dende que está baleira se converteu nun refuxio para ocupas e persoas con adiccións. Din que o sucedido foi só un aviso do que pode chegar a pasar no barrio se non se toman medidas a tempo.
A investigación para aclarar as causas do sinistro, xa está en marcha.