Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os bombeiros sufocan un incendio nunha nave anexa a un taller mecánico de Tomiño

Os bombeiros sufocan un incendio nunha nave anexa a un taller mecánico de Tomiño

O lume iniciouse no barrio de Carregal de abaixo pasadas as 03:00 horas deste venres e hai varios coches afectados

G24.gal 06/03/2026 07:46 Última actualización 06/03/2026 14:15

O lume iniciouse no barrio de Carregal de abaixo pasadas as 03:00 horas deste venres. Fo nunha nave anexa a un taller mecánico onde se gardaban coches e diversa maquinaria.

Os bombeiros do Porriño acudiron ao lugar, pero cando chegaron o lume xa estaba moi avanzado xa que tardaron en dar o aviso do suceso. A nave ardeu por completo.

Pouco despois chamaban os donos das instalacións, que explicaron que se trataba dun almacén onde gardaban un coche e outros materiais. Aínda que estaba situado preto de vivendas, ningunha persoa resultou afectada.

Ao lugar desprazáronse os bombeiros do Porriño, o GES Da Guarda e de Mos, o servizo municipal de Protección Civil de Mos e os axentes da Garda Civil. Os equipos de emerxencias deron por extinguido o incendio pouco despois das 5:00 horas e confirmaron que ardeu un coche e material agrícola, entre outros efectos. A nave quedou completamente destruída.

A instalación é dunha familia que ten aquí a súa casa e rexentaba anteriormente o concesionario de compra e venda de vehículos de segunda man. No  interior había un todoterreo, un tractor e diversa maquinaria agrícola.

Os veciños comezaron a escoitar estouridos de madrugada. No operativo de extinción participaron a Garda Civil, os bombeiros do Baixo Miño e os GES da Guarda e de Mos que colaboraron sobre todo no fornecemento de auga.

A extinción durou preto de cinco horas e non houbo danos persoais. Os propietarios da nave valoraron fóra de micro que o vento foi favorable porque sopraba en dirección á leira e non ás casas. Garda Civil e peritos inspeccionaban o lugar esta mañá.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade