Cargando resultados...
Un incendio nun edificio en Ribadeo provoca moito fume e obriga ao desaloxo dunha muller
Ata o lugar trasladáronse dúas dotacións de bombeiros de Barreiros para traballar nas tarefas de extinción
Incendio no baixo dun inmoble na rúa Carlos III en Ribadeo.
G24.gal
03/06/2026 21:21
Unha intensa cortina de fume negro sorprendía aos veciños de Ribadeo sobre as 5 desta tarde.
Un incendio no baixo dun edificio en obras da rúa Carlos III obrigaba a desprazar ata a zona dous camións de bombeiros do parque de Barreiros.
A presenza de materiais de obra complicou os labores de extinción e os servicios de emerxencia traballaron para que o lume non se propagase a outros inmobles.
Os bombeiros desaloxaron a unha muller que vive no edificio afectado polas lapas.