Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denuncian a existencia de narcopisos preto dunha piscina e institutos en Vigo

Denuncian a existencia de narcopisos preto dunha piscina e institutos en Vigo

Veciños do barrio do Carme, en Vigo, denuncian un aumento da venda de drogas polo miúdo na zona

Aseguran que coa droga chegaron os roubos e outros problemas de inseguridade e reclaman que se tomen madidas para acabar coa delincuencia no barrio

G24.gal 03/06/2026 20:01 Última actualización 03/06/2026 20:39

No barrio de Freixeiro, en Vigo, moi preto da piscina do Carme e das Travesas, os veciños denuncian que hai dous narcopisos funcionando. Vivendas onde a venda de droga polo miúdo hai tempo que foi detectada polos residentes na zona, e onde segundo apuntan, tamén aumentaron os roubos.

Hai unhas semanas produciuse un incendio nun edifico abandonado. Os bombeiros tiveron que tirar a porta para extinguilo, e dende entón continúa aberto cara a rúa, á vista de todo o mundo co risco de que calquera poida entrar.

Os veciños viven atemorizados e non queren falar por medo a represalias. Na última manifestación que organizaron para denunciar a situación, foron testemuñas dun achado de drogas. Advirten que seguiran manifestándose ata que consigan recupera a tranquilidade para o barrio.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade