Achan sen vida o home de 64 anos desaparecido en Silleda
En principio, e á espera da autopsia, o cádaver non presentaba signos de violencia
O home de 64 anos que desapareceu o venres en Silleda foi achado sen vida este luns neste mesmo municipio no marco do dispositivo de procura activado para localizalo.
Segundo fontes consultadas, foi un familiar de José Ángel Reimóndez Vázquez quen o atopou ás 11:05 horas nunha zona de silvas próxima á residencia en que vivía.
Estas mesmas fontes confirmaron que, en principio, e á espera da autopsia, non presentaba signos de violencia.
Desde o sábado o dispositivo peiteou o recorrido rutinario que adoitaba facer Jose Angel. Responsables da residencia aseguran que adoitaba sair tomar un cafe ao mesmo bar e regresaba porque tiña permiso. Supoñen que se desorientou cando regresaba porque unha testemuña asegura que parou a preguntarlle como volver.