Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sufocan un incendio nunha vivenda ocupada en Santiago, que obrigou a desaloxar un colexio próximo

Sufocan un incendio nunha vivenda ocupada en Santiago, que obrigou a desaloxar un colexio próximo

Foi un particular quen daba a voz de alarma do lume que se declaraba no inmoble e que provou unha intensa columna de fume visible desde moitos puntos da cidade

O incendio obrigou a desaloxar un colexio próximo

Veciños da zona confirmaban que se trataba dunha vivenda ocupada ilegalmente desde hai uns anos

G24.gal 03/06/2026 14:20

Efectivos dos bombeiros, admais de axentes da Policía Nacional e da Policía Local, mobilizáronse ante un incendio que afectou a unha vivenda situada no barrio de Conxo, en Santiago de Compostela, e que obrigou a desaloxar un colexio próximo, o Cardeal Quiroga Palacios. En todo caso, non había ninguén no interior da vivenda e non houbo feridos.

Foron as numerosas as persoas que chamaron para dar o aviso do lume. Ata o punto desprazouse o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva. Ata o lugar tamén acudiu o segunda tenente de alcaldesa, Míriam Louzao, coa intención, ademais, de visitar os nenos que tiveron que ser desaloxados do seu centro educativo.

As familias dos nenos foron avisadas para que os recollesen. Realizadas as medicións, constatouse que non se renovarán as clases nin poderán facer uso este mércores do comedor. Os nenos, en todo caso, son atendidos polo equipo docente e tamén está pendente o do servizo de comedor.

O incendio rexistrado na vivenda que estaba ocupada, factor do que alertaron tamén varios particulares dos que chamaron ao 112, dáse por controlado. Produciuse no patio de atrás da vivenda e os bombeiros actuaron con mangueiras e un guindastre para as tarefas de extinción. A expectación por mor do incendio provocou que varios veciños acudisen tamén ao lugar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade