Publicador de contidos

Publicador de contidos

Perimetrado o incendio de Murcia tras calcinar 177 hectáreas

Perimetrado o incendio de Murcia tras calcinar 177 hectáreas

A caída do vento favoreceu os labores de extinción e xa non existe unha fronte activa de lume 

G24.gal 03/06/2026 13:27 Última actualización 03/06/2026 14:00

O incendio declarado este martes nas proximidadesda cidade de Murcia quedou perimetrado tras calcinar máis de 177 hectáreas no parque rexional de El Valle-Carrasco. A ausencia do vento intenso e o traballo dos euipos de emerxencias favoreceron a evolución do lume. 

Segundo indicaron as autoridades, xa non existe unha fronte activa e os medios aéreos centran agora o seu labor en arrefriar as zonas máis sensiles do perímetro para evitar posibles reactivacións provocadas polo vento. 

No operativo participan máis de 300 efectivos, entre bombeiros, membros da Unidade Militarde Emerxencias (UME), brigadas forestais e persoal técnico. A alcaldesa de Murcia, Rebeca Pérez, agradeceu o traballo realizado e destacou a colaboración entre as distintas administracións. 

O incendio obrigou ao desaloxo dun cento de veciños da pedanía de Los Garres, que xa puideron regresar as súas vivendas pouco despois do susto. O colexio da zona tamén recuperou a actividade con normalidade. 

A ministra da Transición Ecolóxica, Sara Aagesen, desprazarase ao posto de mando avanzado para seguir a evolución do incendio. Ademáis, a Policía Científica asumiu a investigación para esclarecer as causas do lume. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade