Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio destrúe 13 naves dun parque industrial de Alxeciras

Un incendio destrúe 13 naves dun parque industrial de Alxeciras

O lume prendeu nas últimas horas deste martes nunha empresa de xestión de residuos

G24.gal 03/06/2026 14:28

En Cádiz, este mediodía quedou controlado o incendio declarado nun parque industrial de Alxeciras. O lume comezou nunha empresa de xestión de residuos e propagouse por unha ducia de naves lindeiras.

O incendio comezou a últimas horas deste martes nunha empresa de xestión de residuos do polígono industrial Cortijo Real, na localidade gaditana de Alxeciras.

A gran cantidade de substancias inflamables almacenadas no interior da nave e o forte vento contribuíron a que as lapas se estendesen ás edificacións máis próximas.

"O problema é que foi correndo a través dos teitos. E dicir, non foi de parede a parede ou dunha nave a outra. Foi correndo como ocorre nalgúns incendios (forestais) que vai  correndo polas copas das árbores, non vai polo pasto".

O Concello de Alxeciras confirmou que son 13 as naves afectadas que ocupan en conxunto unha superficie de 8.000 metros cadrados.

Nos traballos de extinción participaron unha vintena de bombeiros e seis vehículos dos parques de Alxeciras e Os Barrios, que ao mediodía conseguían controlar o incendio.

Durante toda a mañá, os servizos de emerxencias recibiron chamadas de veciños que se queixaban do forte cheiro que procedía do incendio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade