Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio no maior centro comercial de Portugal deixa catro feridos

Un incendio no maior centro comercial de Portugal deixa catro feridos

As lapas comezaron no garaxe na zona de carga e descarga e obrigaron a evacuar o edificio

G24.gal 26/06/2022 22:01

Un incendio desatado este domingo no centro comercial Colombo de Lisboa deixou catro persoas feridas. Obrigou a desaloxar milleiros de persoas que ateigaban o maior establecemento de Portugal no comezo da temporada de rebaixas.

As lapas comezaron nun transformador eléctrico no garaxe, na zona de carga e descarga. Os bombeiros controlaron os danos na zona afectada, pero por precaución evacuaron o recinto para evitar riscos.

 Durante o incidente, segundo un voceiro dos bombeiros, houbo catro feridos, un delas por atropelo. Nos traballos de extinción participaron unha trintena de bombeiros e doce vehículos. Tamén se cortaron a electricidade e o gas por precaución.

Agora as autoridades investigarán as causas do incendio. O centro comercial Colombo, de 120.000 metros cadrados e máis de 400 tendas, é un dos máis grandes de Europa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade