Un incendio no concello de Muíños queima máis de 20 hectáreas no Parque do Xurés
Tres avións e sete helicópteros traballaron durante a tarde para intentar controlalo

Un incendio forestal queimou xa máis de 20 hectáreas no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, dentro do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés.
O incendio orixinouse ás 18:47 horas deste venres.
Polo de agora mobilizáronse para a súa extinción 4 axentes, 7 brigadas, 1 motobomba, 1 técnico, 7 helicópteros e 3 avións.
ACTIVO un incendio forestal no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. #IFRequiásMuíños
— incendios 085 (@incendios085) September 13, 2024
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal.
Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade
delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.
Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas
poderá ser consultada na conta aberta de X @incendios085.