Cargando resultados...
Un incendio forestal en Arteixo obrigou a cortar o tráfico ferroviario durante 50 minutos
O incendio afectou unha pequena superficie de monte raso e foi rapidamente extinguido

G24.gal
28/07/2025 21:13
Un pequeno incendio forestal en Arteixo obrigou a cortar o tráfico ferroviario este luns durante 50 minutos.
Foi o tempo que estiveron parados por precaución dous trens, un de media distancia e outro de longa distancia, preto da estación de Uxes. O incendio afectou unha pequena superficie de monte raso e foi rapidamente extinguido.