Cargando resultados...
Morre un home en Coristanco atragoado cun anaco de pizza
O persoal sanitario desprazado á zona non conseguiu facer nada pola súa vida

G24.gal
28/07/2025 18:16
Un home de 64 anos faleceu este mediodía en Coristanco despois de atragoarse cun anaco de pizza.
O suceso ocorreu ás dúas menos vinte da tarde nun céntrico restaurante da vila.
Dende alí alertaron os servizos sanitarios de que un cliente estaba en problemas por un atragoamento.
Ata o lugar desprazáronse membros de Protección Civil, persoal sanitario do centro médico da vila e o helicóptero medicalizado con base en Santiago.
Pero a pesar dos esforzos dos clientes e dos primeiros sanitarios que chegaron ao lugar, xa non se puido facer nada pola súa vida.
De feito, o persoal do helicóptero non chegou a intervir.
O corpo trasladouse ao Imelga para facérenlle a autopsia.