O Celta fai oficial a cesión de Fer López ata final de temporada
A idea é que debute no partido de Liga que o Celta xogará contra o Xetafe
O atacante non poderá xogar o xoves en Belgrado o partido de Europa League
Os Wolves pagaran 23 millóns de euros polo seu traspaso
Foto Celta
Desde onte era un segredo a voces. Fer López xogará no Celta ata final de temporada cedido polos Wolves. O equipo inglés pagaran 23 millóns de euros polo seu traspaso. Mañá será a presentación.
A pesar de que López estivo no banco do Wolverhampton o pasado sábado no partido que o seu equipo perdeu contra o Manchester City, todo estaba xa acordado co Celta, que esperaba a que o futbolista viaxase á cidade para facer oficial a súa cesión ata final de tempada.
A previsión do Celta é que a perla canteirá debute no partido de Liga que o grupo de Claudio Giráldez disputará no Coliseum contra o Xetafe o vindeiro domingo.
O atacante non poderá xogar o xoves en Belgrado o partido de Europa Leaague contra o Estrela Vermella ao non estar rexistrado polo Celta en competición europea. López si poderá xogar a seguinte eliminatoria europea, para a que o Celta está xa matematicamente clasificado, ao abrirse un novo período de inscrición unha vez que conclúa a primeira fase do torneo.
Quedaos aquí con Phineas y con Fer. pic.twitter.com/N6TqDtuCLB
— Celta (@RCCelta) January 26, 2026