Publicador de contidos

Publicador de contidos

En Outeiro de Rei a poboación moza aumentou nun trinta por cento nos últimos vinte anos

En Outeiro de Rei a poboación moza aumentou nun trinta por cento nos últimos vinte anos

Servizos de conciliación familiar e actividades especialmente deseñadas para os cativos anima a moitas familias con nenos a establecerse nesta localidade lucense

Contrasta coa tendencia maioritaria en Galicia, onde case na metade das aldeas non hai rapaces 

Os nenos son en Outeiro de Rei o centro de atención
G24.gal 28/07/2025 20:18 Última actualización 28/07/2025 20:35

Os nenos son en Outeiro de Rei o centro de atención. Comenta unha veciña que "sempre hai actividades para os nenos". O alcalde, José Pardo Lombao, di que "nós co programa de conciliación que temos desde os tres meses ata os doce anos lles facilitamos un pouco a vida"

De aí que a cantidade de mozos aumentara nun trinta por cento nos últimos vinte anos. No barrio de Santa Isabel son case a cuarta parte dos residentes.

Coinciden varios veciños da zona en sinalar que "hai moita tranquilidade e os servizos son estupendos", "hai moita xente moza e ademais está moi ben situado porque tes Lugo ao lado".

Contrasta coa tendencia máis frecuente en Galicia, onde case na metade das aldeas xa non hai nenos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade