Coñecemos os nomes máis comúns entre os bebés nacidos no 2024
Mateo e Sofía triunfan en Galicia
En xeral en España encabezan a listaxe Lucía e Hugo
O Instituto Nacional de Estatística publica os nomes máis repetidos entre a cativada que naceu durante o ano pasado. Segundo o censo de nacementos, Lucía e Hugo son os nomes preferidos polas familias a nivel de todo o Estado.
"Lucía e Hugo, pois tamén, si hai moitos, a verdade que hai moitos", comenta unha nai
Lucía e Hugo tamén soan en Galicia, aínda que non ocupan os primeiros postos.
"Eu creo que en Galicia, Mateo", apunta outra
Pois si, Mateo e Martín encabezan o censo en todas as provincias galegas. E no caso das nenas?
"Seguro que Noa, Aroa"
"Sóame que haxa máis Sofías"
Sofía encabeza a listaxe dos nomes preferidos polos galegos e Noa séguelle de preto. Nisto dos nomes non hai unha norma escrita. Moitos seguen a tradición familiar.
"Con Manuel tivémolo fácil porque o seu avó e bisavó son Manuel, entón ahí xa o tiñabamos clarísimo"
Outros decántanse polos que están de moda.
"O oído tamén se fai entón vaiche gustando un ou outro en función do que vaias escoitando"
E cada vez en Galicia o que máis se escoita son nomes en galego.
"Os nomes galegos están moi de moda aínda que pareza que non"
"Martina"
"Sabela"
"Anxo"
"Mauro o neno e temos unha nena que se chama Catuxa"
"Isabel, por exemplo non me gustaba pero Sabela si"
"Iago porque seu irmán tamén se chama Brais. Queriamos nomes galegos, gústanos os nomes galegos para seguir, que poidan perpeturarse os nomes galegos"