Indra está probando en Ucraína o sistema antidróns que desenvolve en Vigo
A ministra Margarita Robles visita o Centro Especializado de Defensa de Indra en Vigo
A ministra de Defensa, Margarita Robles, visitou as instalacións dunha empresa do sector militar, neste caso Indra, en Vigo. A multinacional española prevé aumentar a súa actividade en Galicia no campo da guerra electrónica.
Algunhas das tecnoloxías que desenvolven xa se están probando na guerra de Ucraína. Indra está probando en Ucraína o sistema antidróns que desenvolve en Vigo.
Explicáronlle á ministra de Defensa que dende aquí tamén se pode combater con algoritmos ou intelixencia artificial.
Indra ten en Vigo setenta enxeñeiros e prevé superar os douscentos. Todo orientado ás novas aplicacións da guerra electrónica.
Indra conta con algo máis de mil cincocentos traballadores en Galicia, repartidos en oito instalacións. Queren que Vigo sexa a súa sede territorial.