Publicador de contidos

Publicador de contidos

Defensa recoloca "temporalmente" os militares españois en Iraq pola crecente inseguridade

Defensa recoloca "temporalmente" os militares españois en Iraq pola crecente inseguridade

O Ministerio de Defensa recoloca o Grupo de Operacións Especiais encadrado na Coalición Internacional de loita contra o Daesh (SOTG) en Iraq

Amais da inseguridade da zona, Defensa argumenta  que a situación lles imposibilita "continuar desenvolvendo os labores asignados"

"Esta redespregadura realizouse en estreita colaboración coas autoridades iraquís, contando co apoio da Coalición", engade o comunicado de Defensa.

Imaxe de arquivo. Ministerio de Defensa. Imaxe de arquivo. Ministerio de Defensa.
G24.gal 15/03/2026 13:21

O ministerio de Defensa decidiu recolocar "temporalmente" as forzas especiais destacadas en Iraq ante a crecente inseguridade por mor da guerra.

Desde Defensan dan como argumentos a "deterioración da situación da seguridade" e "a imposibilidade de continuar desenvolvendo os labores asignados". Din que esta situación obriga ao Ministerio de Defensa a "recolocar" o Grupo de Operacións Especiais encadrado na Coalición Internacional de loita contra o Daesh (SOTG) en Iraq.

"España determinou a recolocación temporal do Grupo de Operacións Especiais (SOTG) destacado en Iraq" ante a deterioración da situación por mor da guerra en Irán, sinala unha nota do Ministerio.

"Todos os militares do SOTG, encadrados na Coalición Internacional de loita contra o Daesh xa se atopan en lugares seguros" á espera "da evolución da situación", engade.

"Este re-despregamento realizouse en estreita coordinación e colaboración coas autoridades iraquís, contando co apoio da Coalición e mantendo sempre informados os nosos países amigos e aliados", engade o comunicado de Defensa.

"O compromiso de España coa Coalición Internacional e coa estabilidade de Iraq permanecen inalterables, pero a volatilidade e fraxilidade da situación na zona obrigan a tomar esta decisión para garantir a protección das nosas forzas", conclúe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade