Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía busca o autor do disparo que feriu un home en Lugo nunha liorta entre clans

A Policía busca o autor do disparo que feriu un home en Lugo nunha liorta entre clans

O estado do ferido, que recibiu un impacto de bala na perna, non reviste gravidade e continúa hospitalizado tras ser onte intervido para a extracción do proxectil

G24.gal 19/03/2026 14:54

A liorta entre dous clans de étnia xitana rompeu a tranquilidade habitual no barrio lugués de San Roque. Membros dun clan deles achegáronse ata rúa onde reside unha das familias do clan rival buscando un home que tiña, ou pretendía, unha relación amoroza coa moza do seu grupo.

O increpado saíu da casa armado cunha pistola e, presuntamente, efectuou un disparo ferindo un contrincante. Isto aumentou a tensión e houbo berros e amenazas con paus destrozando un turismo que estaba na rúa

O presunto agresor, que ao parecer ten antecedentes, fuxiu do lugar. O ferido foi trasladado polos seu propios familiares ao HULA onde permace ingresado tras a intervención na que lle sacaron a bala da perna.

A rúa Primavera recuperou a tranquilidade ainda que moitos veciños seguen co susto e non queren falar do sucedido.

Aínda que a maior parte dos habitantes do barrio comentan que é unha zona tranquila, os veciños do edificio onde reside o suposto autor do disparo contan fora de micro que viven atemorizados e ameazados por el.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar