Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan unha pelexa entre bandas como posible móbil da morte dun menor en Barcelona

Investigan unha pelexa entre bandas como posible móbil da morte dun menor en Barcelona

A vítima, de 15 anos, faleceu tras recibir varios tiros nun parque do distrito de Sant Andreu 

Europa Press - Arquivo Europa Press - Arquivo
G24.gal 03/07/2026 09:01

Os Mossos d´Esquadra investigan a morte dun menor de 15 anos, que faleceu na noite deste xoves tras recibir varios disparos no parque da Pegaso, en Barcelona. As primeiras hipóteses apuntan a un enfrontamento entre bandas da zona como posible causa do crime. 

A conselleira Interior da Generalitat, Núria Parlon, cualificou os feitos como "a máxima expresión de violencia". Nunha mensaxe nas redes sociais, trasladou a súa condena polo sucedido e expresou o seu apoio á familia da vítima. 

Os feitos ocorreron arredor das 23:00 horas, cando varios veciños alertaron de que escoitaran disparos no parque. Os axentes localizaron pouco despois o menor ferido por arma de fogo na rúa Portugal, no distrito de Sant Andreu. Ata o lugar desprazáronse tamén sete unidades do Sistema de Emerxencias Médicas (SEM), que trataron de reanimalo sen éxito. 

Tras o tiroteo, os Mossos activaron un dispositivo para localizar os autores dos tiros. Algúns testemuños apuntan a que polo menos catro mozoa fuxiron do lugar. A invesigación permanece baixo segredo de actuacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade