Publicador de contidos

Publicador de contidos

Estabilizado o incendio de Salvaterra, que calcinou xa 30 hectáreas

Estabilizado o incendio de Salvaterra, que calcinou xa 30 hectáreas

O lume, declarado na parroquia de Pesqueiras e visible desde numerosos puntos da comarca, arrasou xa 30 hectáreas

O lume rexistrouse na parroquia de Pesqueiras
G24.gal 28/07/2025 18:18 Última actualización 29/07/2025 10:11

A Consellería do Medio Rural deu por estabilizado o incendio forestal activo desde este luns na localidade pontevedresa de Salvaterra de Miño, que calcinou ao redor de 30 hectáreas.

Tal e como trasladou o departamento autonómico, os efectivos de emerxencias confirmaron a estabilización deste lume ás 10.53 horas.

Os efectivos contraincendios seguen traballando en Salvaterra de Miño para intentar controlar o incendio que chegou moi preto das vivendas. Nas últimas horas mellorou a situación e a Xunta desactivou o nivel 2 de alerta.

O incendio comezou sobre as catro da tarde e estendeuse moi rápido polas altas temperaturas e o forte vento, ameazando varias casas na parroquia de Pesqueiras. Ata a zona desprazáronse un gran número de efectivos terrestres, ademais de 9 avións e 8 helicópteros. Evitaron que o lume chegara ás vivendas, pero segue sen estar controlado. De momento queimou máis de 30 hectáreas, segundo a última actualización de Medio Rural.

En concreto, segundo informaba a Consellería, o lume rexistrouse na parroquia de Pesqueiras.O incendio comezou ás 15:45 horas e, segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de trinta hectáreas.

Por agora mobilizáronse, para a súa extinción, mobilizáronse 13 axentes, 24 brigadas 16 motobombas tres técnicos, tres pas, nove avións e oito helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está ao dispor da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún incendio forestal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar