Cargando resultados...
Remite o risco para as vivendas no incendio en Ames próximo a Brión
O incendio orixinouse na parroquia de Ortoño e queimou seis hectáreas
G24.gal
05/08/2022 20:38
Última actualización 05/08/2022 23:50
Medio Rural informou dun incendio activo no concello coruñés de Ames, na parroquia de Ortoño. Foi solicitada a situación 2 debido á proximidade das lapas ao núcleo de Guitiande, pertencente ao municipio de Brión. Media hora máis tarde foi desactivada ao desaparecer o risco de proximidade ás casas.
O lume calcinou 6 hectáreas polo momento, pero a proximidade ao núcleo poboacional foi o que fixo que houbera que activar a situación 2. Mobilizáronse para o seu control tres axentes, catro brigadas, seis motobombas, cinco avións e catro helicópteros.