Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio calcina por completo o semisoto dunha vivenda unifamiliar en Gondomar

Un incendio calcina por completo o semisoto dunha vivenda unifamiliar en Gondomar

A rápida intervención dos bombeiros evitou que se estendera ao resto da vivenda, que resultou afectada polo fume

Segundo as testemuñas, a virulencia do lume era alarmante

G24.gal 06/04/2026 14:08

Os bombeiros tiveron que empregarse a fondo, máis de tres horas lles levou conseguir apagalo incendio debido á virulencia das lapas. Por sorte conseguiron controlalo no semisoto e non chegou a estenderse aos andares superiores que si resultaron afectados polo fume. 

O lume e as explosións alertaron aos veciños do barrio de Casás na parroquia gondomareña de Vincios que acudiron con cubos e mangueiras para axudar, pero que non puideron facer nada pola magmitude do incendio. 

Entre os obxectos acumulados tamén había pintura e produtos químicos, que axudaron á propagación. 

A gran sorte foi que as lapas non acadaron o depósito de gasóleo que se atopaba no semisoto. Os habitantes da casa, unha parella e o seu gato, saíron ilesos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade