Cargando resultados...
Un incendio calcina unha vivenda en Narón e obriga a desaloxar dous edificios contiguos
Os bombeiros de Narón extinguiron o incendio, que quedou totalmente controlado esta medianoite
G24.gal
07/04/2026 08:01
Última actualización 07/04/2026 08:23
Un lume calcinou unha vivenda deshabitada en Narón esta noite. O incendio iniciouse sobre as 22:40 horas deste luns e en menos dunha hora as lapas queimaron por completo a casa situada na Estrada de Castela en Xuvia, que estaba deshabitada. Por seguridade, foi necesario desaloxar os dous edificios contiguos.
Os bombeiros de Narón extinguiron o incendio, que quedou totalmente controlado esta medianoite. Investíganse as causas que provocaron o lume.