Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio calcina un piso no centro de Vigo

Un incendio calcina un piso no centro de Vigo

As dúas persoas que estaban na vivenda tiveron que ser trasladadas ao hospital Álvaro Cunqueiro por inhalación de fume

As lapas non se estenderon ao resto do edificio

G24.gal 24/12/2021 09:30

Susto importante o que se viviu esta madrugada en Vigo por mor dun incendio no centro da cidade.

Foi un veciño o que alertou de que vía saír fume moi negro da fiestra dun piso en plena Gran Vía, moi preto da praza de España. Cara ás 5 e cuarto da mañá chamou os servizos de emerxencias.

O piso quedou completamente calcinado, malia a intervención dos bombeiros. Por sorte, as lapas non se estenderon ao resto do edificio. As dúas persoas que estaban na vivenda tiveron que ser trasladadas ao hospital Álvaro Cunqueiro por inhalación de fume. 

No lugar dos feitos, os servizos de emerxencias tiveron que atender un bombeiro, un policía e un matrimonio de avanzada idade que reside no mesmo edificio. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade