Publicador de contidos

Publicador de contidos

Continúan os focos de lume na nave de Rubiáns e pola noite escoitáronse explosións

Continúan os focos de lume na nave de Rubiáns e pola noite escoitáronse explosións

O incendio está controlado e o obxectivo agora é acabar coa emanación de gases tóxicos 

A empresa, que almacenaba raticidas da marca Ratibrom, sufriu un incendio semellante na comarca vilagarciá hai seis anos

G24.gal 10/08/2025 14:16

O pesadelo para os veciños da parroquia vilagarciá de Rubiáns continúa despois dunha noite na que escoitaron varias explosións e esta mañá un cheiro intenso podía ulirse nos arredores da nave de Impex. O 112 Galicia confirmaba a mediodía que o lume segue activo. Hai pequenos focos de lapas, seguen ardendo restos de material almacenado e iso continúa a xerar bastante fume.

"A situación agora está controlada. O incendio está perimetrado, estamos intentando que se vaia mitigando a emanación de gases tóxicos na media do posible. En principio está todo garantido no referido á contaminación ambiental", é o diagnóstico de David Padín, sarxento-xefe do Consorcio de Bombeiros de Pontevedra.

A empresa Impex revive esta fin de semana o acontecido hai seis anos na zona con outro incendio semellante, daquela por un suposto curtocircuíto, tamén con desaloxos de veciños. Por certo, unha parte dos evacuados onte continúan fora dos seus fogares e descártase que poida regresar a eles ao longo do día. Neste caso, a nave renovada integramente este mesmo ano albergaba raticidas da marca Ratibrom e fitosanitarios, materiais case todos altamente inflamables.

"Saltou a alarma e en canto saltou, aos cinco minutos, o primeiro traballador, o encargado aquí da fábrica, chegou e xa estaban as lapas ata arriba. Estaba todo sectorizado, con la de rocha todo cuberto, ou sexa, todo como ten que estar. Agora terá que vir a policía científica e ver se é capaz..., pero tal como está a nave creo que vai ser difícil saber que puido pasar", explica Toni Alonso, director xerente de Impex Europa.

Os traballos para a extinción total do lume, o arrefriamento da nave e a medición de gases continuarán ata esta noite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos