Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio calcina os residuos do punto limpo de Monforte

Un incendio calcina os residuos do punto limpo de Monforte

As brigadas evitaron que o lume se espallase polo monte lindeiro

Os mobles amoreados arderon con moita rapidez

G24.gal 27/07/2022 13:28

O estoupido dun aerosol puido ser a causa do incendio que provocou importantes danos no punto de recollida de residuos sólidos do polígono do Reboredo, en Monforte. As lapas prenderon con facilidade nos mobles e colchóns que se amoreaban nos colectores provocando unha intensa nube de fume visible en toda a cidade. Os bombeiros chegaron axiña ata o lugar e puideron controlar e extinguir as lapas na instalación empregando auga e escuma.

As naves industriais lindeiras co polígono non correron perigo pero os seus propietarios levaron un importante apuro porque preto de alí hai unha instalación de almacenamento de butano.

Medios aéreos e terrestres das brigadas forestais acudiron tamén ata o lugar logo de que as lapas superaran o recinto do punto limpo e comezasen a espallarse polo monte lindeiro. A rápida intervención evitou un novo lume forestal nesta zona tan preto do Courel.

Agora xa se traballa para que o punto limpo poida retomar canto antes a súa actividade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade