Cargando resultados...
Investigan as causas do lume que calcinou dúas casas deshabitadas en Lugo
As vivendas, situadas no barrio do Sagrado Corazón, estaban baleiras
G24.gal
03/12/2022 22:57
Última actualización 04/12/2022 14:47
O lume comezou nunha das casas sobre as oito e media do serán e estendeuse, a través das vigas, á vivenda lindeira. Ambas as dúas, situadas no Camiño de Friás, no barrio lucense do Sagrado Corazón, estaban deshabitadas.
A extinción do lume non foi sinxela, xa que é unha zona de difícil acceso e os camións non poden achegarse. Nun primeiro momento temeuse que houbera alguén no interior xa que os veciños din que é habitual ver nelas persoas que as ocupan. Finalmente comprobouse que estaban baleiras.
Hai aberta unha investigación para tentar determinar a causa pola que se iniciou o lume.