Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un hostaleiro denuncia trato discriminatorio por parte do Concello de Ourense

Un hostaleiro denuncia trato discriminatorio por parte do Concello de Ourense

Non lle autorizan a instalación dunha terraza na praza das Mercedes, onde xa hai outras

O afectado denunciou o caso e está á espera de xuízo

O propietario ten o bar empapelado con denuncias de "discriminación"
G24.gal 25/04/2022 13:32

A palabra "discriminación" empapela o ventanal dunha céntrica cafetería de Ourense O Rosal, que abriu as súas portas hai dous anos, en plena pandemia, e que desde entón leva pelexando para que lle autoricen a instalación de veladores no parque que hai xusto en fronte, o das Mercedes.

"Debe facer agora en maio dous anos que solicitei a terraza. Non viñeron falar comigo nin nada", explica José González Barbosa, que xa presentou un recurso contencioso administrativo porque considera que o trato é discriminatorio ao autorizárenllelo a outros bares da zona e non a el. Está á espera de xuízo.

Jorge González Barbosa, propietario do local: "O Concello díxome que era un impacto medioambiental porque era un parque e non se poden poñer terrazas, cando hai locais ao lado que si as teñen. O que quero é que me traten como un cidadán máis e que non haxa discriminación. Se hai un espazo, hai que o repartir entre os que estean".

Clientes

Conta co apoio psicolóxico dos seus clientes que, ao mesmo tempo, lamentan non ter máis espazo ca unha pequena barra para tomar algo ao aire libre: "Isto repercútelle ben un 40 % en cartos, sobre todo agora que vén o bo tempo, e co que temos pasado, que preferimos estar todos ao aire libre", explica un cliente. "Pois paréceme unha vergoña que os locais adxacentes poidan ter aberto con terraza e que este home, pagando os mesmos impostos, non o poida facer", engade outro.

Desde a Galega tamén nos puxemos en contacto co Concello para coñecer as razóns polas que lle denegan a licenza, pero tampouco obtivemos resposta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade