Publicador de contidos

Publicador de contidos

O detido por matar a unha muller nun bar de Pamplona, acusado de violencia machista

O detido por matar a unha muller nun bar de Pamplona, acusado de violencia machista

A vítima, de orixe chinesa, era parella do suposto asasino e tiña tres fillos

Eran socios do bar Anaiak, que rexentaban desde hai un mes

Axentes da Policía Municipal de Pamplona no exterior do local de Pamplona onde sucedero os feitos Axentes da Policía Municipal de Pamplona no exterior do local de Pamplona onde sucedero os feitos
G24.gal 01/07/2023 15:44 Última actualización 01/07/2023 21:57

Un home de orixe chinesa entregouse este sábado pola mañá á Policía Municipal de Pamplona tras matar unha muller nun bar situado na rúa Francisco Alesón, no barrio Ermitagaña desta cidade. Agora investigan as circunstancias que rodearon este tráxico suceso, para tratar de determinar se se trata dun novo caso de violencia machista.

Os feitos sucederon contra as nove da mañá, cando, ao parecer, o home acoitelou unha muller e  causoulle a morte. Agresor e vítima, de orixe chinesa, eran socios do bar Anaiak, no que levaban ao redor dun mes.

Unha vez cometido o asasinato, o home acudiu á comisaría da Policía Local de Pamplona e entregouse aos axentes que de maneira conxunta coa Policía Nacional intentan descubrir se é un novo caso de violencia de xénero.

A alcaldesa, Cristina Ibarrola trasladoulle á familia da vítima e amigos o seu "apoio e solidariedade". A vítima de 47 anos tiña tres fillos que recibirán o apoio psicolóxico e de manutención do concello. A rexedora adiantou que o Concello personarase como acusación particular no seu fime compromiso "coa erradicaicón da violencia de xénero".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade