Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen un home en Lugo por abusar sexualmente da súa neta menor de idade

Deteñen un home en Lugo por abusar sexualmente da súa neta menor de idade

A Fiscalía non solicitou o seu ingreso en prisión

Como medidas cautelares, o xuíz impúxolle a prohibición de aproximarse e de comunicarse coa vítima

G24.gal 11/05/2023 12:12 Última actualización 11/05/2023 16:43

O maxistrado do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, en funcións de garda, decretou a posta en liberdade con cargos dun home detido na capital lucense como sospeitoso de abusar sexualmente da súa neta, unha adolescente menor de idade.

A Fiscalía non solicitou o seu ingreso en prisión. Como medidas cautelares, o xuíz impúxolle a prohibición de aproximarse e de comunicarse coa vítima.

Está investigado por delitos continuados de abuso e agresión sexual, e por un delito de provocación sexual.

Aínda que por parte da Comisaría Provincial non se confirmou ningún extremo relacionado con este arresto, fontes próximas ao caso indicaron que a detención se produciu este mércores por parte de axentes da Unidade de Atención á Familia e Muller (UFAM) da Policía Nacional.

Tamén aclararon que a menor reside noutra cidade de Galicia, pero viu a Lugo a visitar ao seu avó.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade