Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Morre un home no incendio da súa vivenda no concello de Soutomaior
Estaba no interior dun cuarto, a única estancia que ardeu
 O inmoble afectado está en Arcade
                        O inmoble afectado está en Arcade
            
                            G24.gal
                        
                            16/09/2023 09:40
                        
                        
                                Última actualización 16/09/2023 13:17
                        
                        
                    
                    Un home morreu no concello de Soutomaior ao declararse un incendio na súa vivenda, situada na rúa Valmonte, na parroquia de Arcade. A vítima estaba no interior dun cuarto, a única estancia da casa afectada polas lapas.
Unha persoa, identificada como propietaria do inmoble, chamou sobre as catro e media da mañá para pedir axuda. Os equipos de emerxencias desprazados ata o lugar comprobaron que o lume estaba apagado e a vítima dentro.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
                 
            
         
            
                