Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un home falece ao bater contra dous coches estacionados en Vilalba

Un home falece ao bater contra dous coches estacionados en Vilalba

Segundo informa o 112, barállase a hipótese de que sufrise unha indisposición previa ao accidente

G24.gal 15/06/2024 12:20 Última actualización 15/06/2024 13:20

Un home faleceu este sábado na rúa do Campo de Ponte, no concello de Vilalba. O coche que conducía saíu da vía e bateu contra outros dous que se atopaban estacionados.

Segundo informa o 112, a vítima puido sufrir unha indisposición previa ao accidente. Ata o lugar desprazáronse os bombeiros da localidade, a Policía Local e persoal sanitario do 061.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar