Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un coche bate de fronte cun camión na AG-11 tras unha manobra ilegal

Un coche bate de fronte cun camión na AG-11 tras unha manobra ilegal

Debido ao choque o coche comezou a arder pero axiña os bombeiros de Boiro conseguiron sufucar as lapas

O camioneiro quedou ileso e o condutor do turismo, ferido leve

Imaxe cedida
G24.gal 03/10/2026 19:07 Última actualización 03/10/2026 19:56

Un coche e un camión bateron frontalmente este sábado arredor das 16:55 horas, á altura do quilómetro 7 da AG-11, en Rianxo. O condutor do turismo estaba a realizar unha manobra ilegalcando bateu co camión.

Debido ao choque o coche comezou a arder. O home quedou ferido leve pero puido saír polo seu propio pé.

O condutor do camión quedou ileso.

Ata o lugar achegáronse Urxencias Sanitarias de Galica-061, os Bombeiros de Boiro, a Garda Civil, a Policía Local e Protección Civi de Rianxo.

O condutor do coche, orixinario de Lalín, ten antecedentes por varios delitos non relacionados co tráfico.

Rexistráronse longas retencións na estrada, e tívose que pechar o carril con sentido a Ribeira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade