Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home entra no refuxio de animais de Mougá e ceiba unha ducia de cans

Un home entra no refuxio de animais de Mougá e ceiba unha ducia de cans

As imaxes das cámaras de videovixilancia permitiron identificar o individuo

G24.gal 06/04/2025 20:35 Última actualización 06/04/2025 21:01

A policía local de Ferrol puido identificar o individuo que accedeu ao interior do refuxio de animais de Mougá e ceibou unha ducia de cans.

O home saltou o peche do refuxio coa axuda dun palé e abriu todas as gaiolas que puido. Tamén as billas de auga e o portón principal, polo que saíron entre doce e quince dos oitenta cans que acolle actualmente o centro.

As cámaras de seguridade das instalacións recolleron todos os movementos do individuo. As imaxes foron captadas a última hora da tarde do sábado, cando xa marchara todo o persoal,  pero a Policía Local de Ferrol non recibiu o aviso ata a mañá seguinte.

Os traballadores do refuxio xa conseguiron recuperar todos os animais perdidos, o último un mestizo de mastín que apareceu a media tarde do domingo.

O centro de animais de Mougá depende da mancomunidade da comarca de Ferrol. Cada ano atopa unha nova familia para máis de douscentos cans e gatos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade